Galicia

ORDE do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presentación de Instancias hasta el 09/05/2017

PRAZAS CONVOCADAS: CORPO DE PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO

ESPECIALIDADEPRAZAS
INGRESO LIBRERESERVA DISCAPACIDADE
Lingua Castelá e Literatura464
Xeografía e Historia464
Matemáticas746
Bioloxía e Xeoloxía282
Inglés473
Educación Física191
Lingua Galega e Literatura473
Análise e Química Industrial141
Asesoría e Proc. de Imaxe Pers.111
Hostalaría e Turismo141
Org. e Proxectos Fabric. Mecánica91
TOTAL40131
CORPO DE PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Cociña e Pastelaría91
Equipos Electrónicos171
Laboratorio131
Mantemento de Vehículos171
Sistemas e Aplicacións Informáticas182
TOTAL746
CORPO DE MESTRES
Educación Infantil464
Inglés423
Francés191
Educación Física332
Música332
Pedagoxía Terapéutica746
Audición e Linguaxe655
Educación Primaria605
TOTAL37228

REQUISITOS ESPECÍFICOS PARA PARTICIPAR POLO PROCEDEMENTO DE INGRESO LIBRE, QUE INCLÚE A QUENDA PARA PERSOAS CON RECOÑECEMENTO LEGAL DE DISCAPACIDADE.

PARA O CORPO DE PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO:

  1. a) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, nas especialidades de Análise e Química Industrial, de Hostalaría e Turismo e de Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, serán admitidos os que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, estean en posesión dunha das titulacións que se relacionan no anexo VII da presente orde.
  2. b) Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter xeral, reunirán este requisito os que estean en posesión do título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.

PARA O CORPO DE PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL:

  1. a) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou título de grao correspondente, ou título de diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia, ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores técnicos de formación profesional, nas especialidades de Cociña e Pastelaría e de Mantemento de Vehículos serán admitidos os que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, estean en posesión dunha das titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia que se relacionan no anexo VIII da presente orde. Así mesmo, o título de técnico superior ou de técnico especialista declárase equivalente aos exixidos para o ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, cando o titulado exercera como profesor interino en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia na especialidade docente a que pretenda acceder e durante un período mínimo de dous anos antes do 31 de agosto de 2007.
  2. b) Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter xeral, reunirán este requisito os que estean en posesión do título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título, facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.

Nas especialidades de Cociña e Pastelaría e de Mantemento de Vehículos, aquelas persoas que por razóns da súa titulación non poidan acceder aos estudos de máster a que se refire o Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, deberán acreditar a formación equivalente á formación pedagóxica e didáctica regulada pola Orde EDU/2645/2011, do 23 de setembro, modificada pola Orde ECD/1058/2013, do 7 de xuño.

PARA O CORPO DE MESTRES:

Estar en posesión ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición dalgún dos seguintes títulos:

– Título de mestre ou o título de grao correspondente.

– Título de profesor de educación xeral básica.

– Título de mestre de ensino primario.

SOLICITUDES:

As solicitudes deberán cubrirse pola internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, http://www.edu.xunta.es/oposicions e elixirase o xeito de presentación: electrónica ou presencial.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para a presentación por vía electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

DOCUMENTACIÓN:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  1. a) No caso de non dispor do título, certificación académica que acredite que realizaron todos os estudos para a obtención deste xunto coa copia compulsada do recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil.
  2. b) Documentación acreditativa de estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou, cando sexa o caso, da formación equivalente.
  3. c) Validación do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4), validación do curso de perfeccionamento en lingua galega feita polo órgano competente, título de licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, certificado do nivel avanzado da escola oficial de idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.
  4. d) As persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español: diploma superior de español como lingua estranxeira, certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas escolas oficiais de idiomas, título de licenciatura en Filoloxía Hispánica ou Románica ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para o ingreso no corpo.
  5. e) Persoal aspirante que solicite exención ou bonificación das taxas:

– Xustificación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Xustificación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrnica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

IMPORTE E PAGAMENTO DOS DEREITOS DE EXAME.

O pagamento do importe dos dereitos de exame realizarase preferiblemente de forma electrónica accedendo á Oficina Virtual Tributaria premendo no botón Entrar na Oficina Virtual na seguinte ligazón:http://www.atriga.gal/a-axencia-tributaria-de-galicia/servizos/oficina-virtual-tributaria/servizos-sen-certificado  Tamén poderá efectuarse o pagamento e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia utilizando o impreso de autoliquidación que se poderá descargar premendo na ligazón Taxas e prezos en:http://www.atriga.gal/a-axencia-tributaria-de-galicia/servizos/programas-de-axuda-e-confeccion-onlinedeformularios

Os dereitos de exame serán os seguintes:

Profesores de ensino secundario: 41,15 euros.

Profesores técnicos de formación profesional: 35,43 euros.

Mestres: 35,43 euros.

Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame, logo de xustificación documental:

  1. a) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.
  2. b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicaráselle unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:

  1. a) Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.
  2. b) Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. Non será obrigatorio presentar o xustificante de pagamento das taxas, que será verificado pola propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

LISTA PROVISORIA DE PERSOAL ADMITIDO E EXCLUÍDO.

Transcorrido o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos fará pública na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico www.edu.xunta.es mediante resolución asinada electronicamente, a lista provisoria de admitidos e excluídos, por corpos, reservas e, se é o caso, especialidades.

Contra a lista provisoria, o persoal interesado poderá interpoñer perante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as reclamacións que coide oportunas, no prazo máximo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico www.edu.xunta.es

ACREDITACIÓN DO COÑECEMENTO DO GALEGO

As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego de acordo co establecido na base 3.2.1.c) deberán realizar unha proba. Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, na data que fixe a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo III e nunha tradución do castelán para o galego.

COMEZO DO PROCEDEMENTO SELECTIVO

O procedemento selectivo dará comezo a partir do 22 de xuño de 2017.

ACTO DE PRESENTACIÓN.

Na data, hora e lugar que se estableza, conforme o previsto na base 10.3.1, celebrarase o acto de presentación, de asistencia obrigatoria para todas as persoas aspirantes dos procedementos selectivos. Este acto de presentación, que terá lugar con posterioridade á realización das probas de coñecemento do castelán e da lingua galega, ten carácter persoalísimo e, en consecuencia, non se admitirán acreditacións nin poderes de representación. As persoas aspirantes que non asistan ao dito acto decaerán nos seus dereitos e serán excluídas do procedemento, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal; igualmente, será motivo de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao cal non se estea adscrito.

SISTEMA DE SELECCIÓN.

O sistema de ingreso e acceso na función pública docente será o de concurso-oposición. No sistema de ingreso existirá, ademais, unha fase de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

TEMARIOS.

– Corpo de profesores de ensino secundario: Nas especialidades de Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés e Educación Física: anexo III da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE do 21 de setembro). Na especialidade de Análise e Química Industrial, Asesoría e Imaxe Persoal, Hostalaría e Turismo e Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica: anexo I da Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE do 13 de febreiro). Na especialidade de Lingua Galega e Literatura: Orde do 1 de marzo de 1995 (DOG do 21 de marzo).

– Corpo de profesores técnicos de formación profesional: anexo II da Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE núm. 38, do 13 de febreiro).

– Corpo de mestres: Anexo I da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE do 21 de setembro). Para a especialidade de Educación Primaria: Orde ECI/592/2007, do 12 de marzo (BOE do 15 de marzo).

FASE DE OPOSICIÓN.

Nesta fase valorarase a posesión dos coñecementos específicos, científicos e técnicos da especialidade docente a que opta o persoal aspirante, así como a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente.

De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal aspirante á especialidade de Inglés deberá desenvolver as probas neste idioma.

As dúas partes que integran a primeira proba poderán realizarse no mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha mesma sesión.

PRIMEIRA PROBA. Esta proba terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente a que se opta, e constará de dúas partes que serán valoradas conxuntamente:

Parte A. Incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios por escrito que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo IV desta orde e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes a especialidade a que se opte. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

Parte B. Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante de entre catro temas dos temarios que compoñen o temario oficial de cada especialidade, e de entre dous temas para mestres, extraídos ao chou polo tribunal. Os aspirantes disporán de dúas horas para a realización desta parte da primeira proba. Ao efectuarse a primeira e segunda parte da proba por escrito, procederase á súa lectura conxunta e a cualificación de cada parte realizarase por separado.

SEGUNDA PROBA. O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba, que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:

Parte A. Presentación e defensa dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade por que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Esta programación corresponderase cun curso escolar dun dos niveis ou etapas educativas en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara e dobre espazo interlineal, con letra tipo arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos.

No caso das especialidades propias da formación profesional, a programación axustarase ao modelo establecido no anexo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, e deberá conter un mínimo de 4 unidades didácticas.

Na extensión máxima de 60 folios non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice. Resultarán excluídos do procedemento selectivo aqueles aspirantes cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderán excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

Parte B. Preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada polo aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou, por el mesmo, da súa programación. No segundo caso, o aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou, por el mesmo, do temario oficial da especialidade.

Na elaboración da citade unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula e os seus procedementos de avaliación.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica e poderá utilizar o material que considere oportuno sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá dun folio e que se entregará ao tribunal ao final dela. O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal.

O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder os vinte minutos, e a continuación realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá os trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez minutos.

FASE DE CONCURSO.

A cualificación final da fase de oposición expresarase en números de cero a dez e será necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á fase de concurso. O número de aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao número de prazas convocadas.

FASE DE PRÁCTICAS.

A fase de prácticas forma parte do procedemento selectivo e ten por obxecto a comprobación de que o aspirante posúe as capacidades didácticas necesarias para o exercicio da docencia. Realizarase nos destinos provisionais que lle correspondan, conforme o procedemento que estableza a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ben en postos vacantes ben en substitucións, con desempeño de función docente con plena validez académica. A duración da fase de prácticas será de catro meses. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período por causas xustificadas.

 

ENLACES DE INTERÉS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

D.O.G. 17.04.17

INSTANCIAS